Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL

02-05-2019

Á vista da subvención outorgada por parte da Excma. Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro da Convocatoria do Programa de Integración Laboral, o Concello de Fisterra publica as bases para a contratación de Persoal Laboral Temporal de seis (6) peóns para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais.


DURACIÓN: O contrato de traballo será de duración determinada por obra ou servizo, cunha xornada laboral de 37,5 horas semanais, por un período de cinco (5) meses. 


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9H a 14:00h, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de oito (8) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases no Taboleiro de Anuncios do Concello que foi o xoves, 2 de maio de 2019

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: