Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CAMPAÑA DA NEVE 2024

08-11-2023

O Concello de Fisterra participa na campaña da neve 2024 organizada pola Deputación Provincial da Coruña, que se levará a cabo na estación de Valgrande-Pajares (Asturias) para fomentar a práctica do esquí entre os rapaces/zas de  11 a 15 anos, inclusive, cumpridos a 31 decembro de 2023

  • Datas: Fisterra participa na 3ª quenda do programa, do 26 ao 29 de xaneiro
  • Prazas: 5
  • Prazo de inscrición: Ata o venres 1 de decembro
  • Cota de inscrición: 85 euros
  • Lugar de inscrición e información: Na oficina de deportes do Concello de Fisterra de 09:00 a 13:30h.

Terán prioridade os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de neve da Deputación.

No suposto de ter máis solicitudes que números de prazas, realizarase un sorteo público

Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: